Ultima modificación: 06/11/2024
NOVA ESCOLA GALEGA (en adiante, o responsable do tratamento), asume a máxima responsabilidade e compromiso co establecemento, implementación e mantemento da presente Política de Protección de Datos, garantindo a mellora continua do responsable do tratamento co obxectivo de acadar a excelencia en relación co cumprimento do Regulamento (UE) 2016/79 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e pola que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección) (DOUE L 119/1, 04-05-2016), e da normativa española de protección de datos de carácter persoal (Lei Orgánica, lexislación sectorial específica e as súas normas de desenvolvemento).
A Política de Protección de Datos de NOVA ESCOLA GALEGA descansa no principio de responsabilidade proactiva, segundo o cal o responsable do tratamento é responsable do cumprimento do marco normativo e xurisprudencial que goberna a devandita Política, e é capaz de demostralo perante as autoridades de control competentes.
En tal sentido, o responsable do tratamento rexerase polos seguintes principios que deben servir a todo o seu persoal como guía e marco de referencia no tratamento dos datos persoais:
1.- Protección de datos desde o deseño: o responsable do tratamento aplicará, tanto no momento de determinar os medios de tratamento como no momento do propio tratamento, medidas técnicas e organizativas apropiadas, como a seudonimización, concebidas para aplicar de xeito efectivo os principios de protección de datos, como a minimización de datos, e integrar as garantías necesarias no tratamento.
2.- Protección de datos por defecto: o responsable do tratamento aplicará as medidas técnicas e organizativas axeitadas con miras a garantizar que, por defecto, só sexan obxecto de tratamento os datos persoais que sexan necesarios para cada un dos fins específicos do tratamento.
3.- Protección de datos no ciclo de vida da información: as medidas que garanticen a protección dos datos persoais serán aplicables durante o ciclo completo da vida da información.
4.- Licitude, lealdade e transparencia: os datos persoais serán tratados de xeito lícito, leal e transparente en relación co interesado.
5.- Limitación da finalidade: os datos persoais serán recollidos con fins determinados, explícitos e lexítimos, e non serán tratados ulteriormente de xeito incompatible cos devanditos fins.
6.- Minimización de datos: os datos persoais serán axeitados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.
7.- Exactitude: os datos persoais serán exactos e, se fora preciso, actualizados; adoptaranse todas as medidas razoables para que se supriman ou rectifiquen sen dilación os datos persoais que sexan inexactos con respecto aos fins para os que se tratan.
8.- Limitación do prazo de conservacón: os datos persoais serán mantidos de xeito que se permita a identificación dos interesados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento dos datos persoais.
9.- Integridade e confidencialidade: os datos persoais serán tratados de tal xeito que se garantice unha seguridade axeitada dos mesmos, incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental, mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas axeitadas.
10.- Información e formación: unha das claves para garantizar a protección dos datos persoais é a formación e información que se lle facilite ao persoal implicado no tratamento dos mesmos. Durante o ciclo de vida da información, todo o persoal con acceso aos datos será convenientemente formado e informado das súas obrigas en relación co cumprimento da normativa de protección de datos.
A Política de Protección de Datos de Nova Escola Galega é comunicada a todo o persoal responsable do tratamento e posta a disposición de todas as partes interesadas.
Na súa consecuencia, a presente Política de Protección de Datos involucra a todo o persoal responsable do tratamento, que debe de coñecela e asumila, sendo responsable de aplicala e de verificar as normas de protección de datos aplicables á súa actividade, así como identificar e achegar as oportunidades de mellora que considere oportunas co obxectivo de acadar a excelencia en relación co seu cumprimento.
Esta Política será revisada polo Secretariado de Nova Escola Galega tantas veces como se considere necesario, para axeitarse, en todo momento, ás disposicións vixentes en materia de protección de datos de carácter persoal.