Organización de NEG

Nova Escola Galega réxese pola Asemblea Xeral -ordinaria ou extraordinaria- das persoas asociadas á entidade e polo Secretariado Galego.

As decisións tomadas pola Asemblea Xeral de NEG só poden ser modificadas por outra Asemblea Xeral.

A Asemblea Xeral ordinaria reúnese obrigatoriamente cando menos unha vez ao ano, dentro do primeiro trimestre do mesmo. Nela, dáse conta de aspectos tales como a memoria de actividades e económica do ano anterior, ou a aprobación dos orzamentos para a anualidade vindeira. Nestas asembleas tómanse asemade decisións relacionadas coa liña pedagóxica da entidade e co seu programa básico de actuación.

Así mesmo, correspóndelle á Asemblea Xeral elixir os cargos do Secretariado cando proceda e ratificar as persoas representantes dos grupos de traballo.

A Asemblea Xeral extraordinaria será convocada polo Secretariado cando sexa preciso tratar co conxunto da asociación aspectos extraordinarios que non poidan ser abordados en asemblea ordinaria.

Ademais, será obrigado convocar unha Asemblea Xeral extraordinaria para determinados trámites, como o son as modificacións dos estatutos da entidade, a adhesión ou separación de grupos ou colectivos, a disposición ou alleamento de bens, a solicitude de declaración de utilidade pública, a consecución de obrigas de crédito e préstamo e a disolución ou fusión da asociación.

Está tamén contemplada nos estatutos a posibilidade de formar diversas comisións de carácter permanente ou efémero, que faciliten o labor do Secretariado e poidan desenvolver liñas de traballo atendendo a temáticas máis específicas.

Podes obter máis información sobre estes grupos de traballo no apartado correspondente da web.

Ponte en contacto connosco

Se precisas máis información ou queres falar con nós, estamos aquí para axudarche. Completa o noso formulario de contacto e responderémosche canto antes.

Iniciar sesión