O galego, lingua vital, é o lema da manifestación convocada para este 17 de maio en Santiago de Compostela por Queremos galego xunto con organizacións políticas, sindicais, profesionais, sociais e culturais -entre elas Nova Escola Galega-, que participaron na elaboración do protocolo Lingua Vital. A partir das 12.00 horas a marcha, que dará inicio na Alameda, percorrerá varias rúas da cidade para rematar na praza da Quintana.
Unha data na que reclamar e poñer en valor a nosa lingua, e tamén para lembrar a vida e obra de Begoña Caamaño, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras.
Desde Nova Escola Galega convidámosvos a acompañarnos este 17 de maio enchendo as rúas de Compostela en defensa do galego.
Contamos con vós!