Nova Escola Galega vén de ser recoñecida na XV Edición dos premios Rosalía de Castro que cada ano convoca a Deputación da Coruña. Uns galardóns que, segundo as súas propias bases indican, teñen por obxectivo o recoñecemento de iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico.
Establécense tres categorías, sendo estas as de persoas, entidades e proxectos concretos. O xurado do certame recoñeceu a traxectoria de traballo de Nova Escola Galega na defensa do noso idioma. Na categoría de persoas o premio recaeu na profesora e escritora Pilar García Negro, mentres que o galardón na modalidade de proxectos foi para a iniciativa Aquí tamén se fala galego, do IES Rafael Dieste (A Coruña).
Os noso agradecemento a Deputación da Coruña, na área de Lingua, pola iniciativa e o agarimo. É á Confederación de Anpas Galegas, por propoñer a nosa candidatura a estes galardóns.