Desde Nova Escola Galega queremos sumarnos a algunhas iniciativas que se están organizando desde diferentes organizacións da comunidade educativa no estado, co obxectivo de alzarmos a voz para denunciar o xenocidio sobre o pobo palestino e demandar accións de condena e de boicot contra Israel.
Unha delas, que desde o Secretariado acordamos apoiar e difundir publicamente, é esta DECLARACIÓN DE “MAREA PALESTINA: A EDUCACIÓN CONTRA O XENOCIDIO” PARA TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS DO ESTADO ESPAÑOL.
No texto faise unha reflexión sobre a necesaria implicación da institución educativa no tratamento deste asunto e ínstase ás comunidades educativas a pronunciárense.
Podedes atopar información adicional nesta información procedente de persoas vencelladas coa Confederación de MRP do Estado: https://