O vindeiro domingo, 23 de febreiro, desenvolverase polas rúas de Compostela unha manifestación unitaria baixo o lema Lingua vital xa, convocada pola plataforma Cidadá Queremos Galego. Nova Escola Galega vén de emitir un comunicado aprobado polo Secretariado Nacional ao respecto da convocatoria e do contexto no que esta se produce.
Desde Nova Escola Galega facemos un chamamento á participación activa na manifestación, que partirá ás 12.00 horas da Alameda compostelá para rematar na praza do Obradoiro.
Podes ler aquí o comunicado completo: