Un ano máis, Nova Escola Galega dispón de lotaría para o sorteo do día 22 de decembro. Nesta ocasión o número xogado é o 73.693.
As participacións teñen un prezo de 5 euros, dos que se xogan 4, quedando o euro restante como doazón para NEG. As persoas interesadas en adquirir algunha destas participacións poden dirixirse directamente á nosa sede, ou ben poñerse en contacto connosco no enderezo de correo neg@neg.gal
Do mesmo xeito, se queres colaborar con nós na venda da lotaría, envíanos un correo para que reservemos a cantidade que consideres.
Non quedes sen a túa, que este ano toca!