Lotaría de nadal Nova Escola Galega

Un ano máis, Nova Escola Galega dispón de lotaría para o sorteo do día 22 de decembro. Nesta ocasión o número xogado é o 78.939.

As participacións teñen un prezo de 5 euros, dos que se xogan 4, quedando o euro restante como doazón para NEG. As persoas interesadas en adquirir algunha destas participacións poden dirixirse directamente á nosa sede, ou ben poñerse en contacto connosco no enderezo de correo neg@neg.gal

Do mesmo xeito, se queres colaborar con nós na venda da lotaría, envíanos un correo para que reservemos a cantidade que consideres.

Aproveitamos a ocasión para informar de que as papeletas de lotaría deste ano 2026 inclúen un pequeno erro tipográfico. Así, nunha das tres datas impresas nas mesmas, indícase que se corresponden con sorteo do 22 de decembro de 2025. As outras dúas referencias son correctas, sinalando que se trata de lotaría para o 22 de decembro de 2026. Trátase soamente dunha gralla que non afectaría en xeito algún en caso de que o número resultase premiado, tal e como nos confirman desde a administración de lotarías.

Bule e non quedes sen a túa!

Iniciar sesión