Grupo Fiar Estrelas

Grupos de traballo > Grupo Fiar Estrelas

Obxectivo: Afondar na xestión democrática dos grupos de diferentes idades e na súa capacidade inclusiva, a través  dunha intervención sistemática axustada ás necesidades individuais e grupais, baseada na comunicación e na procura do benestar persoal que redunde na mellora da autonomía persoal e grupal.

Metodoloxía:

Investigación-acción a través da análise de casos prácticos e deseño de propostas de intervención  que seguirán esta secuencia:

  • Análise compartido de casos  prácticos de grupos constituídos con distintos criterios.
  • Identificación de necesidades en cada un deles.
  • Propostas de intervención xerais en base ás necesidades expostas e aos obxectivos co grupo.
  • Seguimento das intervencións e análise da evolución.
  • Propostas específicas en base ás novas necesidades xurdidas.
  • Conclusións en cada fase do proceso de intervención.

Actividade anual:

Encontro interxeneracional FIANDO UNIVERSOS. Organízase en colaboración cos membros do colectivo de profesionais  non pertencente a Nova Escola Galega, a través da súa representante Susana González Amado.

Periodicidade das reunións.

  • Os terceiros xoves de 19.30 h a 21.30 h
  • A consensuar cos representantes dos colectivos cos quen se coordina o GT Fiar  Estrelas .

Na actualidade, constituímos Fiar Estrelas:

Belén Blanco Vázquez , Manolo Andrade Vallo, María Montserrat Martínez  Gómez, Paula Tomé Espiñeira,  e Pablo  Vázquez Vilar, coordinador  do Grupo de Traballo,e María Esther Vázquez Otero,  representante no Secretariado da Asociación.

Últimas novas do Grupo de traballo

Non se atoparon novas relacionadas...

Últimas actividades do Grupo de Traballo

Non se atoparon actividades relacionadas...

Iniciar sesión