Grupo Educadoras/es pola Paz
Grupos de traballo > Grupo Educadoras/es pola Paz
O GT de Educadoras/es pola Paz aborda temáticas que xiran arredor da eduación en valores, educación para a cidadanía, da mellora das relacións humanasa través do cultivo da igualdade, da equidade e da cultura da paz de na nonviolencia no contexto neoliberal no que vivimos. Na actualidade centra a súa dedicación na organización do Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz.
Trátase dunha aposta polas prácticas educativas e de acción colectiva da cidadanía promovendo a cultura de paz e da non violencia en todos os contextos sociais e educativos. Esta celebración transfronteiriza anual entre Galicia e Portugal, tivo sempre un claro propósito de ir sumando adhesións e ademais chegar á públicos diversos, por ámbitos territoriais e tamén pedagóxicos, desde docentes do sector educativo formal, á educadoras/es sociais, Ongs ata entidades sociais e asociacións de nais e pais e así foi o caso concretamente da Federacion Olívica de Asociacións de Nais e Pais - Foanpas.
Por outra banda, polo Dia Escolar pola Nonviolencia e a Paz, na data de 30 de xaneiro, publicase un manifesto dedicando o seu contido a algunha cuestión salientable de actualidade.
Últimas novas do Grupo de traballo
Últimas actividades do Grupo de Traballo