Grupo de Normalización Lingüística
Grupos de traballo > Grupo de Normalización Lingüística
A preocupación pola lingua e a cultura propias está na cerna de NEG, sendo parte dos principios, dos obxectivos estatutarios e da vida asociativa. Para concretar mellor algunhas das súas iniciativas contouse cun grupo de persoas cunha vinculación especial á cuestión normalizadora.
LIÑAS DE TRABALLO:
PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA E FORMULACIÓN DE ALTERNATIVAS: Modelos de normalización lingüística para o sistema educativo galego (1988/1989/1999/revisión na actualidade).
FORMACIÓN: xornadas, encontros, obradoiros, autoformación, asesoramento etc.
DENUNCIA e REIVINDICACIÓN: comunicados e roldas de prensa, mobilizacións, campañas, presenza en redes sociais etc.
TRABALLO EN REDE: participación en diferentes plataformas e foros de entidades e institucionais.
PUBLICACIÓNS: documentos de reflexión e debate (NEG Opina), colaboración e coordinación de monográficos e da sección A lingua da RGE, o libro NEG e a lingua 1983-2008. 25 anos na defensa do idioma, artigos etc.
AS PERSOAS
Membros na actualidade: Neves Arza, Manolo Bragado, Mariló Candedo, Fran Candia, Antón Costa, Carlos Cimadevila, Tina Formoso, Xiana Lastra, Xosé Lastra, Miguel R. Carnota, Renee de Palma e Santi Quiroga. Deixaron pegada entre nós César Martínez Yáñez, Tere Ferreiro, Rosa Martínez, Paco Veiga, Bríxida Pino, Agustín Fdez. Paz, Xabier P. Docampo, Cristina Novoa, Sabela Rivas e Xosé A. Pérez.
Últimas novas do Grupo de traballo
Últimas actividades do Grupo de Traballo