Grupo Coeducando

Grupos de traballo > Grupo Coeducando

COEDUCANDO nace no ano 2021 para dar resposta o interese e ás demandas de asesoramento e formación por parte de profesorado participante en diferentes accións formativas organizadas por NEG.

Coas características propias dun seminario de formación permanente ofrécese a oportunidade de coñecer recursos, dinámicas e estratexias que permiten avanzar na formación do  profesorado de primaria e secundaria. Destaca o crecente interese por involucrar a profesorado varón.  Preténdese avanzar na formación sobre masculinidades disidentes, unha perspectiva emerxente e interesante nos proxectos coeducativos.

Liñas de acción:

  • Deseño e desenvolvemento de obradoiros para apoderar a nenas e nenos en habilidades sen estereotipos de xénero; elaboración de material didáctico dixitalizado para alfabetización emocional; coñecemento do propio corpo, visibilización da diversidade sexo-xénero, etc.
  • Propostas formativas coeducadoras para a comunidade educativa.
  • iniciativa Inspira STEAM: visibilizando o coñecemento científico-tecnolóxico das mulleres, desde unha visión de xénero do currículo.
  • Posicionamentos en redes no ámbito da coeducación.

O GT está integrado por profesorado de distintos niveis educativos e educadores/as sociais, actuando Sonia Fernández Casal como coordinadora. Participa profesorado do CEIP de Barouta (Ames),  CEIP de Serra de Outes, CEIP de Curtis), IES Alfonso X El Sabio  (Cambre), IES Virxe do Camiño (Noia), IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela, das Universidades da Coruña e  Santiago de Compostela.

Últimas novas do Grupo de traballo

Non se atoparon novas relacionadas...

Últimas actividades do Grupo de Traballo

Non se atoparon actividades relacionadas...

Iniciar sesión