Grupo Cavila

Grupos de traballo > Grupo Cavila

Xa son máis de dúas décadas nas que está en activo o Grupo Cavila. O tempo pasou axiña, sobre todo, grazas a un traballo compartido e cheo de ilusión.

Esta é a perspectiva na que se asenta o traballo do Grupo Cavila. Persoas de diferentes perfís profesionais con algo en común: preocupadas pola calidade educativa e dentro dela, pola importancia dos materiais e medios curriculares e didácticos, destacando a súa vertente analítica e avaliativa.

Falamos dun proceso avaliativo formativo que permite identificar novas metas dentro dunha cultura profesional comprometida coa calidade educativa. A finalidade: identificar o impacto dos materiais na práctica educativa e considerar as posibilidades que poden ofrecer para realizar que esta sexa equitativa, adaptada, xusta e comprometida coa mellora social, entre outros aspectos.

Ao mesmo tempo, o grupo configúrase coma un espazo de interelación de contextos educativos escolares e sociocomunitarios. Isto favorece, tanto o coñecemento como a comprensión mutua, identificando necesidades, pero sobre todo, creando posibilidades de crecemento compartido. Son sinerxías colaborativas que, a veces traspasan ao propio grupo, pero que ao final, sobre todo, repercuten positivamente no verdadeiramente importante da educación: as persoas cara as que se dirixe.

Últimas novas do Grupo de traballo

Non se atoparon novas relacionadas...

Últimas actividades do Grupo de Traballo

Diseño sin título (3)
28 de Abril
16:30

XI Xornadas de Materiais Didácticos e Recursos Educativos

Cartaz16O_Recorte
16 de Outubro
17:30

O futuro da educación dixital - Olladas e propostas desde a comunidade educativa

Cartaz Seminario MD Xenero_V02_recorte
22 de Outubro
16:00

O XVII Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos Jaume Martínez Bonafé afondará na perspectiva de xénero

Cartaz_detalle
14 de Xuño
09:00

XVI Seminario de avaliación de materiais didácticos Jaume Martínez Bonafé

XornadaRecursos_peq
5 de Decembro
12:00

X Xornadas de Materiais e Recursos Educativos

Iniciar sesión