Grupos de traballo
Os grupos de traballo son a estrutura organizativa básica de Nova Escola Galega. Articulan o seu traballo de reflexión, debate e formación arredor dunha temática específica, sobre a que achegan documentos, recursos e outras propostas ao conxunto da asociación e, de ser o caso, ao conxunto da comunidade educativa.
Estes grupos de traballo non teñen un carácter permanente, senón que foron mudando ao longo da traxectoria de Nova Escola Galega en función dos intereses das súas persoas asociadas ou dos cambios experimentados na sociedade en xeral e no eido do ensino en particular.
Algúns dos grupos de traballo que desenvolven a súa actividade na actualidade son o Grupo de normalización lingüística, o Grupo Coeducando, o Grupo da paz, o Grupo da Memoria, o Grupo Cavila, o Grupo Fiar Estrelas e o Grupo do rural.
Podes obter información polo miúdo sobre as súas liñas de traballo na páxina correspondente a cada un deles.
Grupos de traballo en funcionamento