Entrega dos Premios Educacompostela

O vindeiro 21 de novembro terá lugar o acto de entrega dos XV Premios Educacompostela, organizados por Nova Escola Galega e o Concello de Santiago de Compostela. O acto contará coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei.

Os Premios Educacompostela teñen por obxectivo recoñecer e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poida contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica. Establécense nesta XV Edición tres premios para os mellores traballos, cunha dotación total de 2.700 euros.

O acto de entrega dos galardóns terá lugar o xoves 21 de novembro no salón nobre do Pazo de Raxoi, a partir das 18.00 horas. Está previsto que asistan ao mesmo a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, así como a presidenta de Nova Escola Galega, Mariló Candedo Gunturiz.

Iniciar sesión