Entrega de premios do Certame de Memoria Histórica do Barbanza

O vindeiro sábado 29 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar na biblioteca do IES Félix Muriel de Rianxo o acto de entrega de premios do I Certame de Memoria Histórica do Barbanza. Convocado por Nova Escola Galega e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, ten por obxectivo recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente materiais sobre a memoria histórica que, polo seu valor e interese, contribúan ao desenvolvemento educativo de Galicia. O certame busca favorecer a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica, ao tempo que promove os valores democráticos e a dignidade inviolable da persoa.

Durante o acto a desenvolver este sábado, José Antonio Pérez Fernández ofrecerá a charla A memoria histórica na aula. Ademais procederase á presentación dos traballos premiados e á entrega de diplomas ás persoas e entidades galardoadas. O Certame contará con tres categorías diferenciadas, sendo estas Ensaio, Narración e Audiovisual. En cada unha das modalidades establécense un primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo premio de 150 euros e un áccesit de 50 euros.

Iniciar sesión