Convocados os XVII Premios Educacompostela

Un ano máis Nova Escola Galega e o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela convocamos os Premios Educacompostela de Recursos Educativos en prol da Innovación, a Calidade Educativa e a Renovación Pedagóxica. As bases desta  XVII edición están publicadas no BOP da provincia da Coruña nº 86, con data 11 de maio de 2026.

A iniciativa recoñecerá e difundirá publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica. Establécense tres premios para os mellores traballos. Como novidade nesta edición cómpre salientar o incremento da dotación económica total do certame, que pasa dos 2.700 euros de anos anteriores aos 3.600 de 2026.

Tal e como consta nas bases, o prazo de presentación de orixinais finalizará o vindeiro 18 de setembro.

Consulta aquí as bases completas, publicadas no BOP do día 11 de maio de 2026:

Iniciar sesión