Convocados os XVI Premios Educacompostela

Un ano máis Nova Escola Galega e o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela convocamos os Premios Educacompostela de Recursos Educativos en prol da Innovación, a Calidade Educativa e a Renovación Pedagóxica. As bases desta  XVI edición están publicadas no BOP da provincia da Coruña nº 110, con data 11 de xuño.

A iniciativa recoñecerá e difundirá publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxico. Establécense tres premios para os mellores traballos, cunha dotación total de 2.700 euros.

Tal e como consta nas bases, o prazo de presentación de orixinais finalizará o vindeiro 19 de setembro.

Consulta aquí as bases completas, publicadas no BOP do día 11 de xuño de 2025:

Iniciar sesión