XXXVI Encontro Galego – Portugués de Educadoras/es pola Paz

A Residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán, acollerá durante os días 24, 25 e 26 de abril o Encontro Galego –  Portugués de Educadoras/es pola Paz – Palestina e máis alá: Educar na vida en tempos de xenocidio. Trátase esta dunha edición moi especial da actividade, xa que se celebrarán os 40 anos do desenvolvemento dos primeiros encontros no ano 1986, precisamente no mesmo escenario de Panxón.

Esta nova edición ten o cometido de desafiar o avance dunha cultura global cada vez máis investida na violencia cultural e estrutural, sendo o cerco a Palestina o exemplo máis visible, senón o máis cruento. Preténdese desde a organización dos encontros que as persoas participantes se sumen a un espazo único de convivencia e de construción colectiva de alternativas educativas que fomenten a nonviolencia e a paz, para parar a ocupación colonial, a destrución, o desterro, a privación dos dereitos humanos máis básicos e, en definitiva, o xenocidio produto da ideoloxía da supremacía cultural presente non só no proxecto sionista para Palestina senón no Norte Global en xeral.

Reserva canto antes a túa praza a través do formulario de inscrición dos Encontros. Establécense diferentes modalidades de inscrición (con posibilidade ou non de aloxamento e manutención), así como descontos.

Só inscrición:

  • 35 € – Socias/os de NEG / socias/os de AGAPPAZ ou do Centro de Formaçao do Vale do Minho / Desempregadas/os / Estudantado / Xubiladas/os ou maiores de 60 anos.
  • 45€ – Resto de inscricións

Inscrición + pensión completa na Residencia de tempo libre de Panxón:

  • 105 € – Socias/os de NEG / socias/os de AGAPPAZ ou do Centro de Formaçao do Vale do Minho / Desempregadas/os / Estudantado / Xubiladas/os ou maiores de 60 anos.
  • 115 € -Resto de inscricións sen prezo reducido
  • 48 € – Estudantado
  • 80 € – Acompañantes
  • 40 € – Crianzas

Inscrición sen durmidas (inclúe a inscrición e as comidas e ceas, pero non o aloxamento):

  • 70 € – Inscrición sen durmidas
Programa completo: 

Venres, 24 de abril 

  • 16:30 – Recepción.
    • Coordinada por Marisa Gamallo Bouzo, mestra de Educación Infantil no CEIP A Ponte, Ourense; Alicia González Barreiro, profesora da Universidade de Vigo e educadora social; e Raquel Iglesias López, mestra de Educación Primaria (Mondariz) e doutoranda da Universidade de Vigo, todas integrantes de AGAPPAZ (de Nova Escola Galega – NEG).
  • 17:00 – Xogos cooperativos de benvida.
    • Dinamizados por Belén Piñeiro Álvarez e Genoveva Gundín González, educadoras sociais pola Provincia da Coruña e integrantes de AGAPPAZ.
  • 18:00 – Acto de inauguración:
    • Juan González Pérez, Alcalde do Concello de Nigrán
    • María del Carmen Carrasco Morán, Directora da Residencia de Tempo Libre de Panxó
    • Fernando Carrasco Mera, inspector por Vigo e arredores.
    • María Dolores Candedo Gunturiz, Presidenta de Nova Escola Galega (NEG) e profesora xubilada da Universidade da Coruña
    • Américo Nunes Peres, profesor xubilado do Instituto de Filosofia da Universidade do Porto e integrante de AGAPPAZ-Portugal.
    • María Victoria Carrera Fernández, profesora da Universidade de Vigo e integrante da Rede Galega de Estudos Queer, e de AGAPPAZ (tamén será moderadora deste acto).
  • 19:00 – Reflexión inaugural:
    • Sara Ashour, activista gazatí egresada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e integrante da Coordinadora de Solidariedade Galega con Palestina.
    • Modera: Cathryn Teasley Severino, profesora da Universidade da Coruña (UDC) e integrante do colectivo UDCxPalestina, do Grupo de Traballo en Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación (UDC), e de AGAPPAZ.
  • 20:00-21:00 – Cea (Jantar).
  • 21:15 – Punto de encontro (espazo aberto de reflexión colectiva).
    • Dinamizado por Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, inspectora de educación por Lugo e integrante de AGAPPAZ.

 Sábado, 25 de abril

 9:00-9:30 – Almorzo (Pequeno almoço).

  • 9:30 – Mesa redonda: Experiencias educativas en torno aos dereitos dos pobos: Palestina e máis alá:
    • Cristina Otero Correa, mestra de Educación Musical no Colexio de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe Ángela Ruiz Robles (Narón), autora do libro xuvenil Xanelas ao mundo (Belagua, 2025) e doutoranda da Universidade da Coruñ
    • Miguel Paz Cabo, profesor de xeografía e historia da Educación Secundaria (Santiago de Compostela), activista pola memoria democrática, secretario do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) e fundador de Docentes con Palestina.
    • Mar Rodríguez Romero e Neves Arza Arza, profesoras da Universidade da Coruña (UDC) e co-fundadoras do colectivo UDCxPalestina e do Grupo de Traballo en Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación, e Carís Hernández Eiros e Cris Fernández Lago, estudantes do Grao en Educación Social e do Máster en Educación Secundaria da UDC e integrantes de UDCxPalestina e do Grupo de Traballo en Igualdade da Facultade de Ciencias da Educació
    • Moderan: Nazaret Blanco Pardo, profesora da Universidade de Vigo e integrante de AGAPPAZ e Cathryn Teasley Severino, de AGAPPAZ.
  • 11:30 – Pausa café.
  • 12:00 – Conferencia principal: “Gaza: Un xenocidio televisado”.
    • Mohamed Safa, escritor cisxordano e oftalmólogo, autor do libro do mesmo título (Medulia, 2025), entre outros libros e publicacións varias.
    • Moderada por Raquel Rey Vilas, directora da Unidade de Diversidade da Universidade de Vigo e integrante de AGAPPAZ.
  • 13:30-14:30 – Xantar (Almoço).
  • 16:00 – Obradoiros (a elixir un obradoiro por sesión, dous obradoiros en total):
    • Coordinados por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo (AGAPPAZ).
    • Sesión 1 – 16:00-18:00 (escolle un):
      • – Cultura e paz: música e danza galegas: Branca N. Guerreiro Muñoz (AGAPPAZ).
      • – Non hai paz para as mulleres: rachar coa violencia sexual: Priscila Retamozo Ramos, formadora e consultora experta en xénero.
    • Sesión 2 – 18:00-20:00: (escolle un):
      • – Cara a unha linguaxe non-binaria: Carla Míguez Bóveda, integrante da Rede Galega de Estudos Queer e doutoranda da Universidade de Vigo.
      • – Xogos e dinámicas de aprendizagem cooperativos para favorecer a convivencia social e intercultural: Américo Nunes Peres, AGAPPAZ-Portugal (dinamizador).
    • 20:00-21:00 – Cea (Jantar).
    • 21:00 – Festa da Paz: 40 anos dos Encontros: Panxón 1986–2026 + 25 de Abril, SEMPRE!                     Dinamizan:
      • Asociación Ponte... nas ondas! (PNO).
      • Xosé Manuel Cid Fernández, profesor da Universidade de Vigo e integrante de AGAPPAZ.
      • Belén Piñeiro Álvarez e Genoveva Gundín González de AGAPPAZ (xogos cooperativos).
      • Raquel Iglesias López (AGAPPAZ).
      • Alicia González Barreiro (AGAPPAZ).

 Domingo, 26 de abril

 9:00-9:30 – Almorzo (Pequeno almoço).

  • 9:30 – Presentación: Novo número da Revista Galega de Educación (RGE) de NEG. Presenta: Raquel Rey Vilas (AGAPPAZ).
  • 10:15 – Asemblea. Moderan: Alicia González Barreiro e Genoveva Gundín González (AGAPPAZ).
  • 11:00 – Pausa café.
  • 11:30 – Foto da Paz
  • 11:30-13:30 – Largada simbólica da Pomba da Paz (con mensaxe). Dinamizan: Américo Nunes Peres, Xosé Manuel Cid Fernández e Belén Piñeiro Álvarez (AGAPPAZ).

Data

24/04/2026

Hora

16:30 h

Localización

Residencia de tempo libre Panxón - Concello de Nigrán

Organiza

Grupo de traballo Educadoras/es pola Paz (AGAPPAZ) de Nova Escola Galega e Asociación Ponte... Nas ondas!

Comparte

Iniciar sesión