XVI Seminario de avaliación de materiais didácticos Jaume Martínez Bonafé

O vindeiro 14 de xuño, o salón de plenos do Concello de Moaña acollerá unha nova edición do XVI Seminario de avaliación de materiais didácticos Jaume Martínez Bonafé, que leva por título A dixitalización en Galicia e E-Dixgal: entre a promesa e o desencanto.

As actividades, coorganizadas polo Grupo Cavila de Nova Escola Galega, desenvolveranse en horario de mañá e tarde. O programa deste evento combina conferencias e mesas de diálogo que se prolongarán durante todo o día e contarán coa participación de personalidades de referencia no ámbito da investigación, do ensino e das ANPAs para dar luz e formar un debate entorno á dixitalización na escola e o modelo EDIXGAL.

As persoas participantes recibirán un certificado de asistencia non homologable. A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

Podes descargar aquí o programa completo de actividades.

Data

14/06/2025

Hora

09:00 h

Localización

Concello de Moaña

Organiza

Grupo Cavila de Nova Escola Galega

Comparte

Iniciar sesión