XI Xornadas de Materiais Didácticos e Recursos Educativos
Os días 28 e 29 de Abril desde as 16.30 levaranse a cabo en Santiago de Compostela as XI Xornadas de Materiais Didácticos e Recursos Educativos dende o Local. As actividades están orientadas ao estudantado da facultade de ciencias da educación, educadores/as sociais, pedagogas/os, psicopedagogas/os ou docentes de todos os niveis de ensino, así como a todas aquelas persoas interesadas nos materiais didácticos e os recursos educativos. A participación nas xornadas é de balde.
Organizadas por Nova Escola Galega, dende o grupo de traballo Cavila especializado en materiais didácticos. Coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e do Grupo de Investigación Stellae da USC.
Coordinadas por: Denébola Álvarez-Seoane, Jesús Rodríguez Rodríguez e Marta Sánchez Loureiro.
Programa Completo:
MARTES 28 DE ABRIL
16:30h: Os materiais didácticos elaborados con perspectiva local.
A cargo de Denébola Álvarez-Seoane (Universidade de Santiago de Compostela)
18:30h: Programa Educativo Ulla-Elemental.
A cargo de Iván García García (Técnico de Cultura Concello de Vedra)
MÉRCORES 29 DE ABRIL
16:30h: Materiais Didácticos para a educación e literatura infantil.
A cargo de Ricard Gonzálvez i Pérez (Universitat de Valencia)
17:45h: Materiais didácticos para achegarnos á arquitectura.
A cargo de Víctor Gonzalez García-Echave (Palitroques e Sistema Lupo)
19:00h Un REA sobre Alfabetización mediática e dixital para o manexo de información científica.
A cargo de Lucía Casas-Quiroga y Blanca Puig (Universidade de Santiago de Compostela)
Para máis información contactar con: carmen.alvarez.seoane@usc.es