X Xornadas de Materiais e Recursos Educativos

O vindeiro xoves 5 de decembro terán lugar as X Xornadas de Materiais e Recursos Educativos, organizadas polo grupo Cavila de Nova Escola Galega xunto co Grupo de Innovación Docente Ardora. Será na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela (Campus Norte) entre as 12.00 e as 15.00 horas.

A actividade, que leva por título Inclusión educativa e materiais didáctidos na aula, ten por obxectivo achegarse ao significado e relevancia da inclusión educativa no contexto educativo actual, así como identificar a relevancia do papel dos materiais didácticos nos procesos de inclusión educativa e proporcionar propostas de materiais deseñados baixo unha perspectiva inclusiva.

Está orientada a Estudantado da Facultade de Ciencias da Educación, profesorado de todos os niveis de ensino e persoas interesadas nos recursos educativos e na inclusión.

A entrada é de balde e non require de inscrición previa.

Data

05/12/2024

Hora

12:00 h

Localización

Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela (Campus Norte)

Organiza

Grupo Cavila de Nova Escola Galega e Grupo de Innovación Docente Ardora

Comparte

Iniciar sesión