X Encontro da Rede do Rural
Os vindeiros días 11 e 12 de abril celebrarase na antiga escola das minas de San Fins (Lousame) o X Encontro da Rede do Rural, da que forma parte Nova Escola Galega. Baixo o lema Na defensa do rural galego, cara a un novo modelo de desenvolvemento sustentable, artellaranse as seguintes actividades:
Sábado 11 de abril
- 10.00 – 11.00 – Educación ambiental para a defensa do territorio. Lucía R. Cao, da Fundación Montescola
- 11.00 – 13.00 – O modelo de desenvolvemento rural a debate: alternativas. Marcos Celeiro da Asociación Sociocultural O Iribio
- 13.00 – 14.00 – Mesa redonda. Método, estratexia e operativa para ser eficaces e eficientes nos obxectivos propostos de funcionalidade. Alfonso Filgueira do Ateneo Aldeán. Como organizamos unha rede funcional de organización de apoio ás comunidades comarcais? Alberto Molares de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
- 14.00 – 16.00 – Xantar
- 16.15 – 17.00 – Continuación da mesa redonda
- 17.00 – 20.00 – Roteiro ambiental polo monte de Froxán e minas de San Fins. Joám Evans da Fundación Montescola
Domingo 12 de abril
- 10.00 – 10.30 – A desatención á diversidade no rural galego. Mayka Cacheira da Confederación de ANPAS Galegas
- 10.30 – 13.00 – Asemblea da Rede do Rural
As persoas interesadas poden solicitar máis información e inscribirse a través do enderezo de correo electrónico regaeder@gmail.com
Data
11/04/2026
Hora
10:00 h
Localización
Antiga escola das Minas de San Fins - Lousame
Organiza
Rede do Rural