V Xornadas da Terra de Miranda
Organizadas por Nova Escola Galega, as V Xornadas da Terra de Miranda terán lugar entre os días 11 e 26 de outubro en Meira, A Pontenova, A Ribeira de Piquín e Riotorto.
Un ano máis, trátase dunha excelente oportunidade para analizar a situación actual do medio rural galego desde unha óptica especialmente educativa, mais sen deixar de lado outros aspectos como o é o progresivo despoboamento e a transformación que nas últimas décadas vén sufrindo a comarca da Terra de Miranda.
A actividade é aberta ao público en xeral, e está homologada oficialmente para o profesorado (xornadas do 18 e 19 de outubro). Para recibir esta certificación oficial equivalente a 12 horas de formación cómpre inscribirse a través da web das xornadas.
Podedes atopar toda a información relativa a esta actividade na súa páxina https://xornadasmiranda.weebly.com/