Roteiro Compostela como escenario histórico – educativo

O vindeiro mércores 16 de setembro terá lugar unha nova edición do roteiro Compostela como escenario histórico – educativo. Unha proposta xa consolidada guiada polo noso asociado e profesor xubilado da USC Antón Costa Rico, na que a través dun percorrido moi rico a diversas institucións e espazos de interese histórico-educativo poderemos coñecer en detalle a historia de Compostela.

O percorrido é de carácter totalmente gratuíto e dará comezo ás 16.30 horas no Pazo de Fonseca.

Co gallo de garantir que as persoas asistentes podan seguir o relato de maneira activa e participativa, establécese un máximo de 25 prazas, que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden apuntarse xa por medio deste formulario ou do código QR inserido no cartaz.

 

Data

16/09/2026

Hora

16:30 h

Localización

Punto de encontro: Pazo de Fonseca

Organiza

Nova Escola Galega

Comparte

Iniciar sesión