Palestina, o compromiso necesario
O masacre que está a sufrir o pobo palestino apela á conciencia da humanidade. Como resposta fronte ao xenocidio perpretado por Israel emerxen diferentes formas de reacción, que pretenden visibilizar, denunciar e condenar o que está pasando en Palestina, coa complicidade da comunidade internacional.
Con esta mesa redonda, que se desenvolverá o vindeiro 17 de outubro, daremos a coñecer algunhas iniciativas que se foron construíndo no ámbito socio-pedagóxico por parte de entidades e colectivos, coa mirada posta no compromiso por ofrecer alternativas no plano da concienciación cidadá, e na procura dun alto o fogo inmediato e permanente e o respecto aos dereitos que como pobo lle corresponden a Palestina.
Contaremos coa participación de Miguel Paz Cabo, de Docentes por Palestina; Cathryn Teasley, do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación e UDCxPalestina; e con Iván Prado (Iván Capitán Jadoc Prado), artista e activista de Pallas@s en rebeldía.