O futuro da educación dixital – Olladas e propostas desde a comunidade educativa
O vindeiro xoves, 16 de outubro, desenvolveremos na nosa sede unha nova actividade que leva por título O futuro da educación dixital. Olladas e propostas desde a comunidade educativa. Un faladoiro no que se tratará este tema de máxima actualidade na comunidade educativa, que leva inmersa desde hai tempo nun intenso debate relacionado co sentido da dixitalización educativa e as ferramentas que se poñen ao seu servizo.
É evidente que neste contexto E-Dixgal está no foco das análises e da controversia. Non se trata exclusivamente dun debate de ámbito escolar, senón que ten evidentes consecuencias para a sociedade e mesmo no ámbito das familias hai unha evidente inquietude. Na actualidade son diversos os estudos que se coñecen e que abordan este tema. A Revista Galega de Educación nº 92, vén de publicar un monográfico dedicado a esta temática.
Contaremos coa presenza de:
• Jesús Rodríguez Rodríguez, profesor, coordinador do proxecto Secundari@ dixit@l
• Camino Pereiro González e Estefanía Pena Bascoy, mestras
• Aurelio Candal Fernández, vogal do Consello local de infancia do Concello de Teo, alumno de 4º de ESO do IES Cacheiras
• Pablo Gayo, investigador
• Modera: Silvia López Gómez, profesora e integrante do GT Cavila (NEG)
A asistencia é gratuíta e non precisa de inscrición previa. Desenvolverase a partir das 17.30 na nosa sede, en Rúa Luís Freire, nº5, baixo, Santiago de Compostela (xeolocalización da sede).