Faladoiro Mocidade e igualdade
O vindeiro 18 de setembro terá lugar o faladoiro Mocidade e igualdade, unha proposta que pretende darlle continuidade ao vivo debate iniciado o ano pasado cunha actividade na que se abordou o significado e alcance da Coeducación no século XXI.
As controvertidas reaccións que se poden recoñecer na mocidade actual en relación cos avances da igualdade esixen novas análises e, no seu caso, a reorientación das políticas activas a prol da igualdade tanto na sociedade como no ámbito escolar.
Contarase con participantes de distintos eidos e mesmo coa presenza dalgún mozo ou moza que poida achegar a súa opinión:
- Concha Fernández Fernández, psicóloga e profesora, especialista en cuestións de xénero e comunidade.
- Sonia Fernández Casal, profesora, especialista en cuestións de xénero.
- Xosé Cabido Pérez, profesor, especialista no estudo das masculinidades.
- Estudante, pendente de concretar
Moderará o faladoiro Xurxo García García, mestre de primaria e integrante do GT Coeducando (NEG)
A actividade é totalmente gratuíta e de libre asistencia ata completar a capacidade do local.