Faladoiro: Lingua, sociedade e escola. Propostas para mudar o rumbo

O vindeiro 15 de outubro desenvolveremos na nosa sede o faladoiro Lingua, sociedade e escola. Propostas para mudar o rumbo. A situación de emerxencia lingüística que os datos do declinio lingüístico dos últimos anos evidenciaron, pareceu acender as alarmas. Puxéronse en marcha distintos procesos de análise e avanzáronse diferentes propostas e medidas coa idea de incidir nas políticas lingüísticas. Este faladoiro quere poñer a lupa nas propostas presentadas, froito de distintos procesos participativos nun caso auspiciado polo Consello da Cultura Galega, Un país coa súa lingua, e, noutro, desenvolvido desde a Plataforma cidadá Queremos Galego co concurso de múltiples entidades, Lingua Vital Xa!. Desde Nova Escola Galega levamos un tempo traballando na revisión dos modelos lingüísticos para o ensino e presentaremos tamén os trazos e propostas máis relevantes de cara ao futuro.

Para esta actividade de análise e debate contaremos coa presenza de:
• Celia Armas, profesora, representante da Plataforma Queremos Galego, coordinadora do ámbito do ensino no Protocolo Lingua Vital
• Nel Vidal, profesor, representante do Consello da Cultura Galega, coordinador do ámbito educativo do Informe Un país coa súa lingua
• Valentina Formoso, profesora, membro do grupo de traballo de Normalización Lingüística de Nova Escola Galega.
• Modera: Santiago Quiroga, orientador, coordinador nacional das Escolas Semente.

O faladoiro, de entrada libre ata completar a capacidade do local, será na nosa sede, emprazada na rúa Luís Freire nº5, baixo, no compostelán barrio de Conxo (localización en Google maps).

Dará comezo o xoves 15 de outubro a partir das 17.30.

Data

15/10/2026

Hora

17:30 h

Localización

Sede de Nova Escola Galega, Rúa Luís Freire, nº5, Santiago de Compostela

Organiza

Nova Escola Galega

Comparte

Iniciar sesión