Faladoiro – A prol da lingua, estratexias para mudar os marcos

O vindeiro mércores 24 de setembro desenvolveremos na nosa sede un novo faladoiro que leva por título A prol da lingua, estratexias para mudar os marcos. A situación de devalo lingüístico que vén reflectindo unha dramática caída de falantes principalmente entre as persoas máis novas pon no foco das análises e das críticas o papel da escola como axente desgaleguizador. É unha responsabilidade colectiva facer autocrítica e, ao tempo, procurar estratexias educativo-sociais motivadoras e tomar boa nota do que se pode estar facendo ben no ámbito socio-educativo.

Para desenvolver este Faladoiro contaremos coa presenza de relatores e relatoras con experiencia nesta temática:

• Alberto Pombo, profesor, representante de Aquí tamén se fala.
• Xiana Lastra Pernas, profesora e integrante de A Banda da Loba.
• Valentina Formoso Gosende, profesora, especialista en sociolingüística.
• Adriana Remiseiro, estudante do Grao en Pedagoxía (USC)

Moderará a actividade Neves Arza Arza, membro do GT Normalización Lingüística de Nova Escola Galega.

A asistencia ao faladoiro é gratuíta. Desenvolverase a partir das 19.00 na nosa sede, en Rúa Luís Freire, nº5, baixo, Santiago de Compostela (xeolocalización da sede).

Data

24/09/2025

Hora

19:00 h

Localización

Sede de Nova Escola Galega, Rúa Luís Freire, nº5, Santiago de Compostela

Organiza

Nova Escola Galega

Comparte

Iniciar sesión