Espazos e nomes para a memoria histórica de Compostela

Roteiro da memoria republicana e represiva en Compostela a través dos Diarios de Julio Silva, no que percorreremos distintos espazos de Santiago de Compostela vinculados á represión franquista e á memoria republicana tomando como fío condutor os Diarios de Julio Silva, unha das testemuñas máis conmovedoras escritas desde o cárcere compostelán nos meses previos ao seu fusilamento en Boisaca o 29 de xaneiro de 1937.

Julio Silva Vilas, barbeiro de Ribeira, militante republicano e home autodidacta, deixou escritos desde prisión uns textos de enorme valor humano e histórico, nos que relata tanto a súa vida persoal como o ambiente político e represivo dos primeiros meses da Guerra Civil en Galicia. Nos seus diarios aparece constantemente Compostela: o cárcere, os consellos de guerra, a espera angustiosa da sentenza e finalmente o cemiterio de Boisaca, convertido nun dos grandes símbolos da represión franquista en Galicia.

Este roteiro non pretende só reconstruír os feitos históricos, senón tamén devolverlles voz ás persoas represaliadas, comprender como funcionou a maquinaria do terror e reflexionar sobre a importancia da memoria.

Estabrécese un número máximo de 35 participantes na actividade, que ten un carácter totalmente gratuíto. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición a través desta ligazón.

Data

15/07/2026

Hora

11:00 h

Localización

Punto de encontro: Alameda de Santiago de Compostela, estatua das Marías

Organiza

Nova Escola Galega

Comparte

Iniciar sesión