Coeducando no século XXI

Que opinión tes da actual aposta pola educación sexual (ou da falta dela) no marco escolar? Tes dúbidas con respecto á abordaxe da diversidade afectivo – sexual?

Estas e outras cuestións serán tratadas no faladoiro Coeducando no Século XXI – Os retos da igualdade e da diversidade afectivo sexual, que desenvolveremos o vindeiro mércores 9 de outubro.

Contaremos para elo coa participación de:

  • Sonia Fernández, profesora, experta en Xénero e Educación e coordinadora do grupo Coeducando de NEG
  • Xosé Cabido, profesor, especialista no estudo das masculinidades
  • Ana Ojea, profesora, coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+, especialista en educación e diversidade sexoxenérica
  • Sara Carreira, estudante de Educación Secundaria

O encontro, que será moderado por Mariló Candedo, profesora e integrante de Nova Escola Galega. O acceso é libre ata completar a capacidade do local.

Data

09/10/2024

Hora

19:00 h

Localización

Sede de NEG. Rúa de Luís Freire, nº5, baixo – Santiago de Compostela

Organiza

Nova Escola Galega

Comparte

Iniciar sesión