A memoria histórica nas aulas: recursos e propostas

O vindeiro 8 de octubro (mércores) desenvolveremos na nosa sede unha nova actividade que leva por título A memoria histórica nas aulas: recursos e propostas. Un encontro que pretende dar resposta á preocupación por levar ás aulas de xeito motivador distintas temáticas asociadas á nosa memoria histórica, contribuíndo así a un maior coñecemento daqueles sucesos entre a mocidade, motiva a presentación de distintos recursos e experiencias.

Contaremos con:

• Pilar Sampedro, profesora xubilada, quen presentará unha Guía da Memoria Histórica na LIXG da súa autoría.
• Alba Recarey, mestra no CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei, presentará o proxecto O patrimonio da Sabugueira, no que se aborda tamén un achegamento ao que foi o Campo de Concentración de Lavacolla.

Moderará a actividade Belén Piñeiro, pedagoga, membro do Seminario da Memoria (NEG).

A asistencia é gratuíta e non precisa de inscrición previa. Desenvolverase a partir das 19.00 na nosa sede, en Rúa Luís Freire, nº5, baixo, Santiago de Compostela (xeolocalización da sede).

Data

08/10/2025

Hora

19:00 h

Localización

Sede de Nova Escola Galega, Rúa Luís Freire, nº5, Santiago de Compostela

Organiza

Nova Escola Galega

Comparte

Iniciar sesión