Toma partido na renovación pedagóxica e galeguización lingüística do ensino

Asóciate connosco para impulsarmos unha educación renovada pedagoxicamente e comprometida coa galeguización lingüística e curricular. Colabora na creación dun ensino público, galego e democrático.

Espazos de reflexión e debate

Participa na co-creación dun sistema educativo máis igualitario e innovador.

Revista Galega de Educación

Obtén descontos na subscrición á RGE, con contidos educativos de gran valor.

Actividades de formación

Acceso a actividades exclusivas: xornadas, seminarios, e grupos de traballo.

censurado_recorte

A neutralidade ideolóxica que pretende a Consellaría de Educación

Pechado

A sede de NEG, pechada por vacacións

Cartaz_LinguaVital-recorte

O 17 de maio manifestámonos pola lingua

ImaxeDetalleWeb
22 de Xullo
17:00

Obradoiro familiar: Preparámonos para a eclipse

Imaxe miniatura
15 de Xullo
11:00

Espazos e nomes para a memoria histórica de Compostela

CartazEclipseOportunidadesEducativas_Recorte
3 de Xuño
18:00

A eclipse de sol, oportunidades educativas - Obradoiro de observación segura do sol

Nova Escola Galega

Somos un movemento asociativo de base que traballamos para a renovación pedagóxica e a galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza.

Como nos organizamos

Nova Escola Galega estrutúrase a través da Asemblea Xeral e o Secretariado, que garanten a participación activa de todas as persoas asociadas.

A Asemblea Xeral ordinaria celébrase unha vez ao ano para revisar a memoria de actividades, aprobar os orzamentos e definir a liña pedagóxica da entidade. Pola súa parte, a Asemblea extraordinaria convócase para tratar asuntos urxentes, como modificacións estatutarias ou a disposición de bens.

Ademais, poden crearse comisións permanentes ou temporais para abordar tarefas específicas e apoiar o traballo do Secretariado.

Publicacións de NEG

No noso arquivo histórico atoparás décadas de traballo dedicadas á defensa da renovación do ensino da Galiza.

Este extenso portafolio reúne centos de publicacións, incluíndo boletíns, actas, revistas, estudos, manifestos e artigos. Cada documento está organizado por ano e categoría, facilitando a súa consulta. 

Ademais, os materiais están dispoñibles para descarga, permitindo o acceso á nosa historia de compromiso educativo e social.

Ponte en contacto connosco

Se precisas máis información ou queres falar con nós, estamos aquí para axudarche. Completa o noso formulario de contacto e responderémosche canto antes.

Iniciar sesión