Navegación: Inicio Grupos de Traballo Grupo de Educación no Rural 
Usuario
Contrasinal:

Acceso á Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural

ORGANIZACIÓN INTERNA
Como nos organizamos? Como contactar con nós?
As nosas xuntanzas adoitan realizarse na Facultade de Formación do Profesorado da USC (Av. Ramón Ferreiro, 10 Lugo), xeralmente pola tarde xa que a maioría de nós traballamos na provincia lucense.

Pero como a nosa intención é traballar a nivel de toda Galiza, pensamos que o ideal nun futuro sería ter varios grupos locais funcionando en rede (e isto é unha invitación). Se queres incorporarte, saber o que facemos, comprometerte coa educación no rural galego, ou simplemente che pica a curiosidade, ponte en contacto, por exemplo, con Alicia López Pardo a través do correo-e alicialopezpardo7@gmail.com e respondémosche de contado; dáte por convidada/o para participar e aprendermos entre tod@s!
 
Voltar

A educación no rural en Galiza



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com