|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar. Preténdese suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en Rianxo e Boiro. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza.
|
|
 | OBXECTIVOS |  |
Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.
3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.
4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza.
5. Colaborar na consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
 | CARTEL MULLERES DE ASADOS |  |
 | CARTEL QUICO |  |
|
|