Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas ROTEIRO "PAPEL DE ESTRAZA" - ILLA DE AROUSA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Formulario de inscrición
Convocatoria

Presentación
Asasinatos, malleiras, mulleres rapadas, depuración de mestres, guerra e multas, e a proclamación da República Federal Independente na Illa de Arousa. Baseado no seu libro “Papel de estraza”. O sábado día 21 de maio de 2022, de 10 a 14 horas, acompañados por Fernando Salgado e Juan Otero, percorreremos a illa de Arousa para revivirmos os lugares onde un grupo de veciños decidiron proclamar a República Independente na Illa de Arousa, na madrugada do 7 ao 8 de outubro de 1934, na taberna local O Nicho, como consecuencia da convocatoria dunha asemblea sometendo a votación a celebración dunha folga xeral para o luns día 8 de outubro, especialmente como protesta polas condicións de traballo que se daban nas empresas conserveiras locais. Dous anos despois sufriron as consecuencias da barbarie fascista, o que lle custaría a vida á maioría deles. A forxa dunha forte conciencia social de clase afunde as súas raíces na dureza da vida diaria nunha illa abandonada por todos, na que a forza do colectivo resultou fundamental para superar as traxedias e os obstáculos. A contextualización dos acontecementos que cambiaron a sociedade, tanto no ámbito autonómico como no estatal e o internacional, remóntase ao pasado, segue a evolución da Illa de Arousa e reflicte os actos da vida diaria, o traballo, as festas, os naufraxios, o empuxe dos mestres para converter a educación nunha catapulta cara á igualdade, o protagonismo das mulleres e as reivindicacións dun pobo tan admirado por aqueles que coñeceron o mundo desde unha visión cosmopolita como marxinado polos gobernantes que tiñan o deber de atender as súas xustas demandas.
(máis información)

Documentación

Ficha técnica




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com