Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XXXIV ENCONTRO GALEGO- PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- FOLLA DE INSCRICIÓN
- PROGRAMA

Presentación

O XXXIV Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz pretende constituír un espazo de com­partir e de diálogo entre profesores/as, educadores/as e persoas interesadas na memoria histórica da so­lidariedade galego-portuguesa na raia seca. Dámoslle continuidade á nosa traxectoria de promovermos prácticas educativas e de acción colectiva da cidadanía que promovan unha cultura de paz en todos os contextos sociais e educativos. Esta cultura acadarase “quando os cidadãos do mundo compreenderem os problemas mundiais, terem a capacidade de resolver os conflitos e lutar pela justiça de forma não violenta, observarem as normas internacio­nais de direitos humanos e de justiça, apreciarem a diversidade cultural e respeitarem a Terra e o próximo” (Axen­da da Haia). A axenda da Haia propón aínda unha educación radicalmente diferente para as xeracións futuras: na contra de glorificar a guerra, educar para a paz, para a non violencia e para a cooperación internacional. Por iso, vale a pena acreditar que a educación lanza as sementes para construír o futuro, mais un futuro con paz, cidada­nía e vida inclusiva.

 

A educación na Galiza xa tivo noutra época eses principios de democracia, liberdade e xustiza, mais o fascismo reaccionou violentamente co propósito de desenterrar as raíces de calquera brote de pensamento disidente. Do­centes e outras persoas demócratas da Galiza republicana en 1936 conseguiron fuxir dunha morte segura grazas á solidariedade de milleiros de veciños/as da raia galego-portuguesa. Uns e outras merecen ser recordados e a súa memoria formar parte da educación das novas xeracións da raia e doutras terras galegas e portuguesas. As pala­bras do galeguista de Grou, Bieito Fernández, aforran calquera outro comentario: “Unha das cousas que me con­moveu xa no primeiro intre, foi o celo e a rapidez destas mulleres para avisar ós refuxiados en canto se decataban da presenza dos gardas ¿Procedería o pobo galego do mesmo xeito se os portugueses se visen en iguais circunstancias ca nós?”

 

Os Encontros Galego-Portugueses de Educadoras/es pola Paz, ademais da loita de 34 anos pola paz e a xus­tiza, queren nesta oportunidade actuar na práctica, facendo posible algo de xustiza con esas persoas que comba­teron o fascismo dos Estados Español e Portugués, dando leccións de solidariedade que non poden continuar a ser ignoradas, polo grande valor pedagóxico que atesouran.



Documentación

Ficha técnica

FICHA TÉCNICA E INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA

XXXIV Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz

24, 25 e 26 de abril de 2020

Centro Cívico de Castro Laboreiro. Casa da Cultura de Entrimo

Raia Galego Portuguesa entre o marco 2 e o 53


(máis información)



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com