Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2018 ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL: II XORNADA DA TERRA DE MIRANDA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Avaliación da actividade
Programa
Ficha de inscrición

Prensa
Voz, 26 setembro
Progreso, 9 setembro
Lugo Xornal, 5 setembro
Campo galego, 5 setembro
Portal Deputación Lugo, 4 setembro
Progreso, 5 setembro 2
Progreso, 5 setembro
Noticias de Lugo - Fundación TIC, 4 de setembro
Voz, 5 de setembro
Voz, 4 de setembro
Progreso, 4 de setembro
Voz, 1 de setembro
Progreso, 1 de setembro
Radio Galega, 30 de agosto
Voz de Galicia, 26 de agosto
Lugo Xornal, 19 de agosto
Terrachaxa, 4 de agosto

Presentación
A convocatoria dos Encontros constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.

Obxectivos da actividade.-

1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociati-vas...- que determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.


Documentación
Documental: 'Avelino Díaz'
Documental: 'Miranda, mítica e real'
Presentacións usadas polos relatores/as
Álbum fotográfico da actividade

Ficha técnica
Título da actividade:
ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL
II Xornada da Terra de Miranda

Datas de celebración
7 e 8 de setembro de 2018

Lugar de celebración: .
Casa da Cultura de Meira (Lugo) 

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
A inscrición é gratuíta para o público en xeral.

Cotas de inscrición para as persoas que desexen homologación da actividade (12 h. de formación) recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Ata o 5 de setembro de 2018
Socios/as de Nova Escola Galega: 5 €.
Parados/as: 10 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 15 €.

Desde o 6 de setembro de 2018
Socios/as de Nova Escola Galega: 10 €.
Parados/as: 15 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 20 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA
IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com