Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2017 ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL. I XORNADA DA TERRA DE MIRANDA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

CLAUSURA: CONCERTO A BANDA DA LOBA

Secretaría
- PROGRAMA DA XORNADA

Presentación

Os ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO son unha iniciativa de Nova Escola Galega, que comeza en 2006, ano a partir do cal se desenvolveron edicións anuais (Santiago, Chantada, A Capela, Boimorto, Allariz, Devesos-Ortigueira, Granxa Barreiros-Sarria, Samos, Cervantes, Sedes-Narón...), que retoman a xeira doutros catro Encontros realizados nos últimos anos oitenta.

Estes foros pretenden achegarlle ao profesorado, á comunidade educativa e á sociedade no seu conxunto reflexións sobre a historia, a actualidade e o futuro do medio rural galego, con especial atención ao papel que neste medio desenvolven a cultura e a educación, ben desde a propia institución escolar ou ben desde outras iniciativas de carácter socioeducativo e/ou comunitario promovidas por entidades diversas e asociacións do eido cultural.

Desde os seus principios esta actividade procurou servir de espazo de encontro e confluencia de diferentes profesionais e colectivos galegos (sobre todo locais) e de fóra de Galicia, para dar a coñecer e impulsar accións a prol dun futuro sustentable para o medio rural, horizonte no que o papel da cultura e da educación adquire unha importancia estratéxica, tal e como afirman distintos organismos internacionais.

Este ano, ademais do X Encontro, celebrado en Narón (A Coruña) a finais de marzo, NEG vai celebrar na Pontenova (Lugo) outro encontro baixo o título I Xornada da Terra de Miranda.

Obxectivos

· Análise da situación do medio rural e debate de alternativas encamiñadas á elaboración dun plan específico de desenvolvemento.

· Constituírse como punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas polo presente e polo futuro do medio rural galego e da súa educación.

· Presentar alternativas e experiencias de desenvolvemento comunitario, cultural, e educativo, centradas no medio rural.



Documentación

Ficha técnica

25 DE NOVEMBRO DE 2017
A PONTENOVA- CASA DA CULTURA

Para comer e/ou durmir na Pontenova
:

O Lar de Balbina

Mesón A Mina

A Estación

Hotel-Restaurante San Briz

Hostal Navia

 

Asistencia ás xornadas: gratuíta

Concerto: 3€


Para as persoas que decidan quedar durmir, está prevista a posibilidade dunha pequena ruta de sendeirismo pola antiga vía do tren, o domingo pola mañá.





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com