TÉCNICA VOCAL II (5 DE NOVEMBRO)
Duración: 4 horas
Datas: 5 de novembro (10 a 14h)
Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)
Prezo: 25€ (20€ soci@s)
Imparte: Ramón Bermejo
Despois do éxito do primeiro obradoiro impartido por Ramón Bermejo na nosa sede e por petición das persoas asistentes, repetimos obradoiro. Nesta ocasión, cun enfoque máis práctico e en profundidade. Podes asistir aínda que non viñeses ao primeiro.
Destinatari@s: cantantes, docentes, actores e actrices, dobradores/as e calquera persoa que estea interesada no tema.
BANDA DESEÑADA (12 DE NOVEMBRO)
Duración: 6 horas
Datas: 12 de novembro (10 a 13h e 16 a 19h)
Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)
Prezo: 40€ (30€ soci@s)
Imparte: Xosé Tomás (ilustrador, humorista gráfico, guinista e profesor de ensino secundario)
A banda deseñada (ou cómic, ou historieta,...) é unha linguaxe complexa, que integra a imaxe estática, a palabra, e moitos dos códigos cinematográficos, nunha narración conxunta. Entender este medio supón coñecer as súas regras, os seus elementos fundamentais.
Neste obradoiro coñécense as orixes da banda deseñada, e analízanse con detenimento os diferentes códigos que a caracterizan: dende as viñetas, globos, cartuchos, e demais elementos básicos, pasando por outros non tan evidentes, como as elipses narrativas, os raccords, os silencios, os saltos de páxina, a montaxe das planas, ata chegar a recursos compartidos co cine, como os planos, os movementos de cámara, as secuencias, a cadencia narrativa, etc.
Ademais de analizar todos estes elementos con innumerables exemplos, as explicacións altérnanse con postas en práctica cos asistentes: creación de escenas segundo o tipo de viñeta, elaboración de secuencias con elipses narrativas, invención de microhistorias a través da correcta utilización dos planos, etc.
Trabállase igualmente a creación de personaxes dende o punto de vista físico e psicolóxico, e analízanse algúns exemplos de obras cun tratamento dos mesmos exemplar.
Finalmente, explícase o proceso de elaboración do guión, coa posibilidade de que o alumnado vexa os bocexos reais, as notas do autor, e todos os elementos que levaron a producir unha obra como “NÓMADES” (Galaxia, 2011).
http://www.xosetomas.es/
Destinatari@s: Público adulto en xeral, adolescentes, docentes de todas as etapas, nais e pais, e todo tipo de persoas interesadas en afondar sobre os códigos da banda deseñada: lectores, mediadores, creadores.
DANZA TRIBAL (19 DE NOVEMBRO)
Duración: 4 horas
Datas: 19 de novembro (10 a 14h)
Lugar: Pazo da Peregrina (Ames)
Prezo: 25€ (20€ soci@s)
Imparte: Tamara Sánchez (Kallaikia Tribal)
Introdución ao mundo da danza tribal como ferramenta de expresión corporal e de relaxación nas aulas ou no traballo con grupos. Tanto a nivel enerxético como respecto ao funcionamento do sistema respiratorio, este tipo de danza aporta beneficios similares aos do Ioga ou o Tai-Chi. Fortalece o sistema nervioso mediante a relaxación, a concentración e o exercicio físico (tanto suave como moi dinámico) ao ritmo de músicas con fortes ritmos percusivos, contendo un elemento de musicoterapia, mellorando a coordinación e a disociación de movementos. Ademais, axuda a desenvolver unha maior flexibilidade articular e ao fortalecemento óseo, ao tempo que corrixe vicios posturais e mellora a alineación do corpo.
Destinatari@s: docentes e calquera persoa interesada nos beneficios da danza tribal.
HIBRIDAR O IMAXINARIO (2 E 3 DE DECEMBRO)
Duración: 11 horas
Datas: 2 de decembro (16:30 a 20:30h) e 3 de decembro (11 a 14h e 16 a 20h)
Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)
Prezo: 55€ (40€ soci@s)
Imparte: Rosalía Fernández Rial
Este obradoiro impartido por Rosalía Fernández Rial parte da literatura para abrir os horizontes cara a outras disciplinas artísticas, coas que nos comunicaremos dun xeito poético, narrativo ou teatral en xornadas diversas. Empregaremos diferentes técnicas creativas útiles para aplicar no ámbito académico mais transferibles tamén a outros eidos vitais e profesionais.
Metodoloxicamente atenderase sempre ás necesidades e intereses dos asistentes e todos os contidos se desenvolverán desde a práctica nas diversas xornadas. Nese senso, a autora guiará en todo momento o proceso mais deixando a liberdade precisa para que a creación aflore de acordo coa impronta persoal de cada participante.
http://www.rosaliafernandezrial.com/es