Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2015 I NEG-XORNADAS DE EDUCACIÓN E CULTURA TRADICIONAL 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Programa
Folla de inscrición

Presentación
DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE

Esta primeira edición das NEG-Xonradas de Cultura Tradicional e Educación nacen para reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial.
A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta.
Deste xeito, procuramos aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.

OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN

- Poñer en valor aquelas experiecias que se desenvolven na actualidade nas aulas galegas.
- Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tracicional.
- Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola.
- Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego desde os centros educativos.

METODOLOXÍA

- Sesións teóricas: conferencias, relatorio e paneis; que servirán para analizar o estado da cultura tradicional no ensino, así como as súas potencialidades neste senso.
- Obradoiros: estas sesións teñen por finalidade que o asistente coñeza de primeira man os recursos existentes para traballar a cultura tradicional na escola, concretamente baile e música tradicional.


Documentación

Ficha técnica
"I NEG- Xornadas de educación e cultura tradicional"
Teo (Casa Común Marisa Mirás- Calo), 21, 22 e 23 de xaneiro de 2015

Matrícula:
- Socios/as de NEG e membros da comunidade educativa do concello de Teo: 20 €
- Desempregados/as: 25 €
- Matrícula ordinaria: 30 €

Enviar a ficha de inscrición xunto co xustificante de pagamento a: neg@mundo-r.com
Ou ó enderezo postal: Nova Escola Galega- R/ das Hedras, 4-2O. 15895 Novo Milladoiro- Ames

Conta de ingreso: ABANCA ES77 2080 0300 85 3040089500 (titular Nova Escola Galega). Concepto: I Xornadas tradicional
 
Prazo de inscrición: ata o 16 de xaneiro. Prazas limitadas.
Homologación: tramitada a homologación de 12 horas de formación pola Consellería de Educación.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com