DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE
O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa 6ª edición. O seu carácter innovador e emprendedor son unha necesidade formativa para a/o docente actual.
É unha actividade con distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino. Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.
OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN
-Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos.
-Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación.
-Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto.
-Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.
METODOLOXÍA DO SEMINARIO
Sesións teóricas: conferencia, relatorio a mesa redonda; que servirán para situar a cuestión da avaliación no conxunto da toma de decisión en función dos recursos dispoñibles.
Obradoiros: de modalidade rotatoria (para poder asistir a dous deles) e cun número limitado de participantes por obradoiro. Son sesións participativas, onde o asistente se inicia no desenvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos con criterios científicos para o procedemento de análise de materiais e recursos educativos da actividade diaria. Nestas sesións o asistente pode achegar materiais propios.
WEB DA ACTIVIDADE: http://avaliacionre.wordpress.com