|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Actividade co-organizada por: - Nova Escola Galega. - Proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: A Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960-1982)”. - Asociación Cultural Sine Nomine. - Histagra, Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC..
Obxectivos: 1. Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currículos os problemas do mundo actual. 2. Concienciar o profesorado sobre a necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc. 3. Sensibilizar os asistentes sobre a posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula. 4. Dotar o profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea. 5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea. 6. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico arredor de problemas sobre os cales, por seren coñecidos, moitas veces obviamos reflexionar.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: CICLO DE CINE E HISTORIA: Cinema, medioambiente e conflito social.
Datas de celebración: 13, 20 e 27 de novembro; 3 de decembro de 2013.
Lugares de celebración: Facultade de Filosofía (Campus Vida) - Santiago de Compostela.
Destinatarios/as: Profesorado do ensino primario e secundario do ámbito das Ciencias Sociais. Profesorado do ensino primario e secundario en xeral.
Número máximo de participantes: 80, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 14 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición: Ata o 10 de novembro de 2013 Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 5 €. Parados/as: 10 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 20 €.
Desde o 11 de novembro de 2013 Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 10 €. Parados/as: 15 € (é precisa xustificación documental). . Cota ordinaria: 30 €.
Forma de pagamento: Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en NOVAGALICIA BANCO: 2080 – 0300 – 85 – 3040089500
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.
|
|
|
|