|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
IV Seminario-Obradoiro de Avaliación de Materiais. O proxecto Abalar. Cara a onde?
O carácter innovador e emprendedor que ten para o profesorado o Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos fai que nos formulemos continuar coa súa realización nunha 4ª edición, onde a/o protagonista da formación volve ser a/o docente. Trátase dunha actividade que ofrece diferentes propostas e modelos de avaliación de recursos (libros de texto, guías, videoxogos, xoguetes, materiais escolares, etc.) desde diferentes perspectivas e ámbitos do desenvolvemento pedagóxico. A intencionalidade final é ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utiliza no mesmo momento de realizar o seminario-obradorio, no que nos preguntamos polos propios materiais que utilizamos e as consecuencias que se derivan da súa práctica reflexiva nas aulas.
OBXECTIVOS: - Comprender a utilidade de avaliar os materiais didácticos. - Favorecer a toma de decisións ao redor de materiais curriculares no contexto escolar dun xeito crítico e construtivo. - Identificar as diferentes modalidades de guías e de modelos de avaliación dos materiais didácticos. - Analizar e revisar as guías e modelos de avaliación dos que poden dispoñer os profesores/as de utilidade práctica na toma de decisións. - Aprender a utilizar as propostas de avaliación de distintos tipos de materiais. - Analizar colaborativamente os recursos didácticos.
METODOLOXÍA do SEMINARIO: AS SESIÓNS TEÓRICAS: A conferencia, o relatorio e a mesa redonda servirán para axudarnos a situar a cuestión da avaliación no conxunto das tomas de decisións que poidamos adoptar en relación cos recursos. OS OBRADOIROS: Son sesións participativas, onde a/o asistente ten a posibilidade de iniciarse no de-senvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos e dunha selección de criterios científicos para o procedemento de análise de materiais e recursos propios da actividade diaria. Pode achegar materiais relacionados co seminario ao que asiste.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
DESTINATARIOS/AS: - Profesorado (Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional). - Desempregados/as. NÚMERO MÁX. DE PARTICIPANTES: 56 (13 deles poderán ser desempregados/as). HORAS:12 (Solicitada a homologación pola Consellería de Educación e OU) CUSTO: Ata o 14/01/13: matrícula ordinaria (40 €); Parados/as (30 €); Socias/os (20 €). Desde o 15/01/13: matrícula ordinaria (50 €); Parados/as (40 €); Socias/os (30 €). Deberase acreditar, no seu caso, a condición de desempregados/as ou membros de NEG. PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o día 15/02/2013. INSCRICIÓNS: Enviarase cuberto o formulario da inscrición (www.nova-escola-galega.org), xunto coa copia do ingreso bancario (no que figuren nome, apelidos e D.N.I.) ao enderezo ou ao correo-e sinalados a continuación: Nova Escola Galega San Clemente 18-baixo 15705 Santiago de Compostela Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com
Ingresar na conta de NOVAGALICIA BANCO: 2080–0300–85–3040089500
|
|
|
|