Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2012 III Seminario de Avaliación de materiais didácticos 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
OBRADOIRO ANÁLISE DOS VIDEOXOGOS (TARDE)
OBRADOIRO AVALIACIÓN DO ECOLOXISMO NOS LIBROS DE TEXTO (TARDE)
OBRADOIRO ANÁLISE DE MATERIAIS EN INFANTIL (TARDE)
OBRADOIRO O LIBRO DE TEXTO DIXITAL A ANÁLISE (MAÑÁ)
OBRADOIRO ANÁLISE DE CONTORNAS VIRTUAIS (TARDE)
OBRADOIRO AVALIACIÓN DOS RECURSOS DA VIDA ORDINARIA (MAÑÁ)
OBRADOIRO AVALIACIÓN DOS MATERIAIS MULTIMEDIA (MAÑÁ)
OBRADOIRO ANÁLISE DE XOGUETES NA INFANCIA (MAÑÁ)
Boletín de inscrición
Programa

Presentación

DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE
Este seminario de carácter práctico, procura proporcionar aos profesionais docentes criterios para a selección e avaliación dos materiais didácticos. 

A actividade ofrece diferentes propostas e modelos de avaliación para a análise dos diferentes tipos de materiais (libros de texto, guías, Cds, Webs, videoxogos, xoguetes, etc.), desde diferentes  perspectivas e ámbitos do desenvolvemento pedagóxico.

Deste xeito coñeceremos formas máis coherentes de achegarnos aos materiais en función de cada modelo  e proxecto de escola. Así mesmo, serviranos para facer un uso máis coherente e crítico dos materiais en relación  cos contextos educativos e curriculares de cada centro. Ademais, axudaranos a repensar o significado dos materiais didácticos nos diferentes momentos do seu desenvolvemento e a coñecer cales son as consecuencias que se derivan na práctica do uso que se realiza dos mesmos.

 

OBXECTIVOS

-Comprender a utilidade de avaliar os materiais didácticos.

-Favorecer a toma de decisións ao redor de materiais curriculares no contexto escolar dun xeito crítico e construtivo.

-Identificar as diferentes modalidades de guías e de modelos de avaliación dos materiais didácticos.

-Analizar e revisar as guías e modelos de avaliación dos que poden dispoñer os profesores/as de utilidade práctica na toma de decisións.

-Aprender a utilizar as propostas de avaliación de distintos tipos de materiais

-Analizar colaborativamente os recursos didácticos.

 

METODOLOXÍA do SEMINARIO


AS SESIÓNS TEÓRICAS

A conferencia, o relatorio e a mesa redonda, servirán para axudarnos a situar a cuestión da avaliación no conxunto das tomas de decisións que poidamos adoptar en relación cos recursos. 

 

OS OBRADOIROS

Son sesións baseadas nunha metodoloxía activa, preténdese que o asistente teña a posibilidade de iniciarse no desenvolvemento práctico da avaliación con aqueles materiais e recursos cos que conta na súa actividade profesional diaria.

O asistente terá a oportunidade de participar en dous obradoiros. En liñas xerais a estrutura dos obradoiros en cada unha das modalidades será a seguinte:

Cada poñente presentará modelos de avaliación ou unha selección de criterios científicos para avaliar os materiais aos que fai referencia o seu obradoiro. Posteriormente realizará un achegamento ao desenvolvemento de avaliación e funcionalidade. A continuación procederase ao desenvolvemento práctico co conxunto dos asistentes para que se inicien no proceso de avaliar. Rematada esta sesión teórico-práctica proporase unha posta en común (mesa redonda) dos resultados atopados, froito da análise dos materiais, e procederase a reflexionar sobre o que supuxo o proceso de avaliación dos recursos achegados polos asistentes.



Ficha técnica

ACTIVIDADE COORGANIZADA POLO GRUPO DE TRABALLO CAVILA (NEG) E POLO DEPARTAMENTO DE DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR DA USC

Título da actividade
:

3º Seminario de Avaliación de materiais didácticos: "O libro de texto dixital. Que hai de novo?"

Datas de celebración:

24 e 25 de febreiro de 2012


Lugar de celebración
:

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) - Santiago de Compostela

Destinatarios/as:

Profesorado de ensino público e privado (Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional) e desempregados/as.


Nº máximo de participantes
:

56 (13 deles/as poderán ser desempregados/as), por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:

12 h. (homologación da Consellería de Educación en trámite).

 

Cotas de inscrición:

Ordinaria: 40 € (desde o 21/01/2012, 50 €).

Estudantes e desempregados/as: 30 € (desde o 21/01/2012, 40 €).
Socios/as de NEG: 20 € (desde o 21/01/2012, 30 €).

Forma de pagamento:

Transferencia bancaria á conta de NEG en Nova Galicia Banco  2080-0300-85-3040089500

Inscrición
:

Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede nacional de NEG.

Prazo de inscrición:

Ata o 10 de febreiro de 2012





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com