|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
A nova cita das educadoras e educadores pola paz de Galicia e Portugal, así como doutras terras de España e outros países que nos adoitan acompañar, está xa programada. Será en Allariz-Ourense, unha das cidades na que antes abrollou a semente da paz. Vai ser un Encontro especial, por ser a vixésima quinta edición, logo de organizarse nela os primeiros da man de Xesús (Suso) R. Jares.
Seguiremos a afondar nas liñas de traballo encetadas fai 25 anos, mais nos novos escenarios do século XXI, enmarcándoas na actualidade desta temática na nosa comunidade, a través do estudo, creación e intercambio de Alternativas, estratexias e recursos para unha convivencia democrática no marco da Educación para Paz.
Agardamos a vosa presenza e participación activa nesta nova cita. Ata abril, mes da liberdade e da paz, en Allariz ( Ourense).
(máis información)
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
Nome da actividade: XXV Encontro Galego-Portugués de Educadoras/es pola Paz. Estratexias e recursos para traballar a Educación para a Paz. Data: 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2011. Lugar: Centro Social "Fogar do Maior" - Allariz (Ourense).
Custo de matrícula: 1. Só matrícula (**): Ata o día 12 de abril: - Socios/as NEG; do MEP e desempregados/as: 25 euros. - Resto das persoas: 40 euros. Despois do 12 de abril: incremento de 10 euros. 2. Matrícula e pensión completa: Ata o día 12 de abril: - Socios/as de NEG; do MEP e desempregados/as: 55 euros aloxamento. - Resto de persoas: 70 euros aloxamento. Despois do 12 de abril: incremento de 10 euros. NOTA: Reserva de aloxamento* mediante previa confirmación de dispoñibilidade no telf. 988 44 22 10 ou no correo-e: comunicacion@allariz.com: 90 euros: Hotel AC 50 euros: Hostais e Casas Rurais. 25 euros: Camping, albergue, etc. A reserva será firme unha vez se realice o ingreso bancario.
*Non haberá habitacións individuais, agás posibles casos excepcionais. Os prezos arriba indicados corresponden ao prezo por persoa para dúas noites en habitación dobre. A partir do 12 de abril, a organización non xestionará hotel. **Ceas/Jantares: Se se desexa participar nalgunha cea, debe indicarse o día (ou días), venres e/ou sábado, no apartado correspondente da ficha de inscrición e facer o ingreso coa matrícula (15 euros por comida).
Valoración en horas: 16 horas (en trámite a homologación por parte da Consellería de Educación e OU).
Destinatari@s: Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Información, contacto e inscricións: Información: neg@mundo-r.com Inscricións: por correo electrónico ou postal, acompañadas do comprobante de pagamento a: A) PORTUGAL: EB1 nº 4 do Barreiro, Rua Professor Joaquim Vicente França, nº 103, 2830 Barreiro (Portugal) Tfno:. 212 156 306 (Helena Proença) Correio electrónico: helena.m.proenca@gmail.com CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos (Barreiro – Por- tugal) NIB: 003501410009181330087 da Caixa Geral de Depósitos (Barreiro- Portugal) B) GALICIA: Educadores pola paz-Nova Escola Galega (NEG) Apdo. 586. 15700, Santiago de Compostela. Tel./Fax: 981 56 25 77 Correo-e: neg@mundo-r.com CONTA nº 2091 0300 45 3040089500 de NovaCaixa Galicia.
* Haberá servizo de gardaría para quen o solicite previamente.
|
|
|
|