Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2009 III Congreso de Patrimonio Etnográfico 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Ficha de inscrición
Programa

Presentación
Despois dos congresos sobre patrimonio inmaterial, organizados polo Centro de Estudos Xaquín Lorenzo, no a no 2003, e polo mesmo Centro en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación e coa Asociación Nova Escola Galega, en 2007, coa publicación das actas correspondentes, pretendemos dar continuidade a este evento, coa participación destas e outras institucións implicadas na temática proposta. Deste xeito incorpórase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Cultura, o Ateneo Ourensán e o Concello de Verín, conscientes da importancia que ten para os educadores/as e futuros/as educadores/as, o coñecemento e posta en valor do patrimonio cos correspondentes cambios nos currículos e nas prácticas educativas.

Pretendemos, pois, afondar no coñecemento do patrimonio inmaterial e presentar novas prácticas para a súa difusión e inmersión nos programas educativos. Para isto, o programa conta cun tema monográfico con certa concreción como é o Entroido, procurando integrar no estudo do mesmo, tanto a voz dos portadores, como as análises de especialistas tanto en Galicia como nas comarcas lindeiras. Convidamos ademais a que se presenten experiencias educativas e comunitarias, ou relatorios monográficos que os participantes elaboren sobre os aspectos que están a investigar.

O curso preséntase deste xeito como un foro de debate e participación, do que se podan extraer conclusións para a posta en práctica de novos xeitos de recuperar, valorar e transmitir o patrimonio común.

Obxectivos:
- Fomentar no Profesorado e Educadores o afán polo coñecemento da cultura propia.
- Coñecer as boas prácticas do Patrimonio para transmitir ao alumnado.
- Fomentar o coñecemento, respecto e utilidade educativa do patrimonio cultural galego.
- Motivar cara a recuperacion da cultura popular galega.
- Dar a coñecer importantes recursos educativos da comunidade para levar a cabo unha educación patrimonial.


Documentación

Ficha técnica
Actividade coorganizada coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo e co Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" da Deputación de Ourense

Título da actividade: 
III CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO. O CICLO DO ENTROIDO: DE PRÁCTICA SOCIAL COMUNITARIA A OBXECTO DE ESTUDO ETNOLÓXICO

Datas de celebración:
16, 17, 18, 19 e 20 de febreiro de 2009

Lugar de celebración:
OURENSE
Facultade de Ciencias da Educación
Ateneo

Cota de inscrición:
- Antes do 1 de febreiro: 10 €.
- Despois do 1 de febreiro: 20 €.

Forma de pagamento: 
Conta de Caixa Galicia núm. 2091-0300-45-3040089500.
Concepto: "III Congreso de patrimonio"
(Indicar nome e apelidos)

Inscrición: 
Achega do boletín de inscrición, xunto co xustificante de pagamento á Secretaría Técnica, no enderezo seguinte: Facultade de Ciencias da Educación (Conserxería). Avda. Castelao, s/n. 32004 Ourense.
Tamén pode realizarse por fax ao núm. 988 387 159.

Horas de formación: 
19 horas por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com