Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2008 III Encontro de debate sobre o medio rural galego 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Ficha de inscrición
Programa

Prensa
NOTA DE PRENSA

III ENCONTRO DE DEBATE. MEDIO RURAL GALEGO: EDUCACIÓN E TERRITORIO


Presentación
Nesta terceira edición preténdese afondar nalgunhas temáticas que inciden directamente no proceso de cambio que afecta ao medio rural desde hai xa varias décadas. Así, as políticas relacionadas directamente coa ordenación do territorio e a súa repercusión na calidade de vida das persoas serán un elemento central para o debate.
Consonte coas conclusións aprobadas no I e no II Encontros de Debate, serán presentadas as propostas e accións dos colectivos e organizacións comprometidos coa defensa da educación no rural e dedicarase un espazo para a presentación de experiencias educativas, proxectos, recursos innovadores e/ou estudos e investigacións sobre distintos aspectos relacionados co medio rural.
Co obxecto de valorar o potencial educativo do medio rural, aproveitarase didacticamente a experiencia desenvolvida pola comunidade educativa do CEIP Mosteiro de Caaveiro, das Neves (A Capela) desde o ano 1981, e a veciñanza, e que foi o xermolo da creación no ano 2001 do “Patronato do Museo Etnográfico da Capela”. Na mesma perspectiva darase a coñecer o Centro de Interpretación de Xogos tradicionais “Brinquedos”, da Capela, como unha aposta pola recuperación do patrimonio cultural de carácter máis lúdico.

(máis información)

Documentación

Galería de imaxes

Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.

Ficha técnica

Título da actividade:

III Encontro de debate sobre o Medio Rural: Educación e territorio.

Datas de celebración:

O 7 e 8 de novembro do 2008

Lugar de celebración:

Casa da Cultura, CEIP Mosteiro de Caaveiro e Museo Etnográfico. A Capela (A Coruña).

Destinatarios/as:

Persoal docente do ensino e en paro.

Nº máximo de participantes:

60, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:

12 h. (homologación da Cons. de Educación en trámite)

1 crédito de libre configuración pola UDC en trámite)

Cotas de inscrición:

Ordinaria: 30 €

Socios/as de NEG e parados/as: 15 €

Forma de pagamento:

Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Caixa Galicia  2091-0300-45-3040089500

Inscrición:

Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede nacional de NEG.





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com