Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2007 I Festa da Narración Oral: Sucedidos no Camiño 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- I Xornada sobre a Oralidade para Educadores/as. Programa de formación do profesorado
- Ficha de matrícula na actividade de formación do profesorado
- I Festa da Narración Oral. Programa xeral
- Ficha de inscrición para contar contos

Prensa
El Ideal Gallego, 15 xullo 2007
Tierras de Santiago, 10 xullo 2007
La Voz de Galicia, 7 xullo 2007
El Ideal Gallego, 7 xullo 2007
Cerne, xullo 2007
Lingua de amor, 20 xuño 2007
Xeración web, 19 xuño 2007
Axenda cultural AELG
El País, 22 xuño 2007
Boletín Informativo Consellería de Educación, 22 xuño 2007
culturagalega.org, 20 xuño 2007
El Correo Gallego, 20 xuño 2007
La Voz de Galicia, 20 xuño 2007
El Correo Gallego, 9 xuño 2007
Tierras de Santiago, 5 xuño 2007
La Voz de Galicia, 15 maio 2007

Presentación

Xustificación da actividade:

Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra. A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Porque, para que xorda a emoción, quen conta debe poñer a súa arte e sabedoría ao servizo do auditorio, e quen escoita deberá entregarse sen reservas. Se así sucede, todos, todas, narradores e oíntes, acadarán igual sentimento de gozo mentres a narración discorre. E cal é a natureza profunda dese pracer? Quen sabe, talvez resida na intuición de que se está a asistir a un momento irrepetible: por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, como o río aquel. En realidade, pouco importan agora as razóns profundas. Do que se trata é de convocar a contadores e escoitadores, contadoras e escoitadoras, para convidalos, para convidalas, a ofrecérense mutua e xenerosamente na I Festa de Narración Oral de O Pino. Ofrecerse e gozar.

O concello de O Pino, sé da Festa, é un dos mellores marcos posibles para esta celebración anual da palabra. Recentemente inaugurada, a Casa da Cultura municipal resulta un lugar idóneo para albergar boa parte das actividades que conforman o programa. Doutra banda, O Pino é un enclave de extraordinaria importancia dentro do Camiño de Santiago, e a relación entre estas dúas tradicións, Camiño e narración oral, é algo máis que evidente. Ademais, como outros concellos en expansión, O Pino precisa de eventos integradores, de espazos culturais que faciliten a vertebración harmónica dunha poboación cada vez máis diversa. E este evento vai nesa dirección.

Nesta primeira edición, A Festa da Narración Oral de O Pino estará dedicada a lembrar unha das fórmulas orais máis características da nosa tradición: o sucedido ou sucedo. En palabras de Xabier P. Docampo, “o sucedido non consiste na simple narración de sucesos ou anécdotas, senón de algo que vai moito máis aló: son historias coa estrutura dun conto de tradición oral, que sempre se narra na forma de algo acaecido na realidade”. Dinos tamén o escritor e estudoso do tema que un dos ingredientes básicos, común a todos os bos sucedidos, é o misterio: “É o elemento omnipresente, o misterio como aquilo do que a súa comprensión lle está vedada ao coñecemento humano, e que sempre nos acompañará.”

As características deste tipo de relato, que, entre outras, abre a posibilidade de titular esta edición como Sucedidos no Camiño, fano especialmente apto para inaugurar esta traxectoria que nace con vocación de reinventarse todos os anos polas mesmas datas.

Obxectivos:

        1. Contribuír á xeración de espazos que faciliten gozar das narracións orais.
        2. Recuperar e recrear formas tradicionais da narración oral: O sucedido.
        3. Facilitar a reflexión teórica e práctica sobre a arte de contar historias.
        4. Ofrecer un espazo para o intercambio de relatos relacionados co Camiño
            de Santiago.
        5. Favorecer a vertebración e dinamización social e cultural do concello de O Pino.
        6. Estimular o desenvolvemento doutros eventos no concello arredor da narración
            oral.

Patrocinan e colaboran:

       Concello de O Pino
       Dirección Xeral de Turismo / SA de Xestión do Plan Xacobeo
       Consellería de Cultura e Deporte
       Deputación Provincial da Coruña
       Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
       Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
       CPI “Camiño de Santiago”
       TESEC 
       Fundación Luís Seoane



Galería de imaxes

Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.

O Colectivo Tatalo

Ficha técnica
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLO COLECTIVO TATALO E POR NOVA ESCOLA GALEGA

Título da actividade:
I FESTA DA NARRACIÓN ORAL DE O PINO: "SUCEDIDOS NO CAMIÑO"
I XORNADA SOBRE A ORALIDADE PARA EDUCADORES/AS

Data de celebración:
7 de xullo de 2007

Lugar de celebración:
Casa da Cultura de Arca - O Pino (A Coruña)

Destinatarios/as:
Profesorado de todos os niveis do sistema educativo.
Educadores/as de calquera ámbito.

Nº máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
8 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

Cotas de inscrición:
Ata o 28 de xuño de 2007
Ordinaria: 15  €
Membros do Colectivo Tatalo, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 10  €

Desde o 29 de xuño de 2007
Ordinaria: 20  €
Membros do Colectivo Tatalo, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 15  €

Forma de pagamento:
Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG


Camiseta conmemorativa



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com